Garantía de seguridade
www.baiaedicions.net garante a seguridade en todas as comunicacións cos seus clientes. Todas as operacións de datos e pago realízanse a través dun servidor seguro, baseado no estándar SSL, que, mediante un sistema de encriptación, imposibilita o acceso aos datos fronte a intentos de violación por terceiros. Os datos do proceso de compra gárdanse nunha base de datos deseñada para tal efecto e de uso exclusivo por baiaedicions.net. O certificado de seguridade concédeo unha entidade certificadora, a Certification Authority, que concede devandito certificado logo de controlar a correcta configuración do proceso de encriptación e comprobar os datos da empresa solicitante.
Garantía de devolución e anulación
Ofrecémoslle a oportunidade de anular ou devolver un pedido se non lle satisfixo a compra. A nosa política, cumprindo coa normativa vixente, é concederlle o dereito de devolver calquera libro no prazo de 7 días desde a data de recepción enviándonos ou entregándonos o mesmo xunto coa factura de compra e sempre que o/os libros se atopen en bo estado. A devolución efectuarase ben persoalmente na nosa editorial ou por correo. Unha vez recibida a súa devolución e comprobado o estado, procederemos ao reintegro do importe do libro recibido. Os gastos de envío e recollida no seu caso, serán a cargo do cliente.
Garantía de privacidade
Baiaedicions.net garante a confidencialidade dos datos persoais, domiciliarios, de pago e de calquera outro tipo que nos proporcionen os nosos clientes de acordo co disposto na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD). Para asegurar a confidencialidade dos datos achegados polos nosos clientes contamos cun servidor seguro que impide o acceso de terceiros, de modo que no momento que un cliente se rexistra ou realiza un pedido, os seus datos persoais, domiciliarios, e os relativos á súa forma de pago, son incorporados á nosa base de datos, utilizándose unicamente para tramitar o pedido, así como para enviar información sobre ofertas e servizos que poidan resultar do seu interese. Vostede poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixindo un escrito a BAÍA EDICIÓNS, Polígono de Pocomaco, 2nda Avenida, Parcela G18 Nave Posterior 15190 A Coruña ou remitindo un e-mail a comercial@baiaedicions.net.
|