Con este libro preténdese que o alumnado chegue a apreciar o feito artístico, a aplicar correctamente diversas técnicas e a desenvolver destrezas que favorezan e amplíen a capacidade expresiva. Comézase tomando contacto coa imaxe e a súa importancia no mundo actual e repasando os elementos da linguaxe visual que xa se estudaron. Seguidamente, ensínase a combinar estes elementos para compoñer imaxes de forma equilibrada e harmónica. Coas unidades de "Xeometría Plana" e "Sistemas de Representación", aprenderanse diversas construcións xeométricas como recursos que axudarán ao alumnado a elaborar tanto imaxes artísticas como técnicas. Tamén se darán a coñecer dúas formas de contar historias: por medio de imaxes secuenciadas (cómic e fotonovela) e de imaxes en movemento (cine), que tiveron a súa orixe na fotografía. Cada Unidade didáctica vai acompañada dunha serie de actividades que se realizarán nun caderno. Para facilitar o estudo e comprender mellor os contidos, cada Unidade didáctica vai acompañada tamén dun Mapa Conceptual e dun Resumo das ideas principais que deben ter máis claras. Tamén inclúe un Glosario coa explicación daqueles termos que resulten descoñecidos. Como complemento, en cada unidade fálase dun movemento artístico relacionado cos conceptos estudados na mesma, o que permitirá ter unha visión xeral da Arte a través dalgunhas das súas tendencias.
Ver indices
O Índice xeral do manual é o seguinte:
__Unidade 1. A percepción__
* Mira ao teu arredor
* 1. Percepción da imaxe
* 2. Tipos de imaxes
** Aprende as técnicas. O encadre
* Glosario
__Unidade 2. O punto__
* Mira ao teu arredor
* 1. Que é o punto?
* 2. O punto nas artes plásticas
* 3. O punto na técnica
** Aprende as técnicas. O estarcido
* Glosario
__Unidade 3. A liña__
* Mira ao teu arredor
* 1. Que é a liña?
* 2. Tipos de liña
* 3. A expresión da liña
* 4. A liña axuda a representar a realidade
* 5. A liña nas artes plásticas
** Aprende as técnicas. O debuxo técnico
* 6. A liña na xeometría
* Glosario
__Unidade 4. O plano__
* Mira ao teu arredor
* 1. Que é o plano?
* 2. A expresión do plano
* 3. O plano nas artes plásticas
** Aprende as técnicas. Xogando co plano
* 4. O plano na xeometría
* Glosario
__Unidade 5. O volume__
* Mira ao teu arredor
* 1. Que é o volume?
* 2. A percepción do volume
* 3. Clasificación dos volumes
* 4. Materiais escultóricos
* 5. Modelado
* 6. Talla
* 7. Volume e xeometría
** Aprende as técnicas. Os materiais reciclados
* Glosario
__Unidade 6. A luz__
* Mira ao teu arredor
* 1. Que é a luz?
* 2. Luz natural e luz artificial
* 3. A luz sobre os obxectos
** Aprende as técnicas. O claroscuro
* 4. Direccións da luz
* 5. A luz nas artes visuais
* Glosario
__Unidade 7. A cor__
* Mira ao teu arredor
* 1. Que é a cor?
* 2. Modulación da cor
* 3. Calidades da cor
* 4. Significado da cor
** Aprende as técnicas. O gouache
* Glosario
__Unidade 8. A textura__
* Mira ao teu arredor
* 1. Que é a textura?
* 2. Tipos de textura
* 3. Elección das texturas
* 4. Elaboración de texturas
* 5. A textura nas artes visuais
** Aprende as técnicas. O papel xaspeado
* Glosario
__Unidade 9. Sintaxe visual__
* Mira ao teu arredor
* 1. Que é a composición?
* 2. Variables compositivas básicas
* 3. Principios fundamentais da composición
** Aprende as técnicas. O colaxe
* Glosario
__Unidade 10. A comunicación__
* Mira ao teu arredor
* 1. Que é a comunicación?
* 2. Reprodución e difusión da imaxe
* 3. Os medios de comunicación
* 4. A publicidade
** Aprende as técnicas. O traumatropo
* Glosario