Baía Edicións

Galego | Castellano | English

O Centro Ramón Piñeiro recibirá 200.000 euros da Xunta

2010-09-02

A Secretaría Xeral de Política Lingüística destinará un total de 200.000 euros á colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a de A Coruña para a promoción e investigación da lingua galega no Centro Ramón Piñeiro. Así sinalouno o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, na que apuntou que estes 200.000 euros están orientados a "promover" o uso do galego "en liberdade", a través das universidades.

 

Nesta liña, o xefe do Executivo autonómico destacou que entre as iniciativas que recolle o convenio se atopan "actividades de potenciación e afondamento" en estudio filolóxico e de "conservación de fontes" lingüísticas, literarias e antropolóxicas de comunidade galega durante os anos 2010, 2011, 2012. Finalmente, con este convenio, a Xunta recordou que continúa co seu "compromiso" de promoción da lingua e a cultura galega a través da investigación en "diferentes ámbitos".

 

Fonte: Xornal.com

Volver