Baía Edicións

Galego | Castellano | English

More Views

  • Breve historia da Coruña

Breve historia da Coruña

Be the first to review this product

Disponibilidad: In stock

€ 14.42
Add Items to Cart
OR

Descripción rápida

Esta Breve Historia da Coruña pretende ser curta, manexábel e divulgativa. En nada busca ser exhaustiva nin comprensiva, porque non se poden esgotar nunhas poucas páxinas asuntos que xeraron polémicas sen conto.

Descripción del Producto

Additional Information

Popular Tags

 
  • Esta Breve Historia da Coruña pretende ser curta, manexábel e divulgativa. En nada busca ser exhaustiva nin comprensiva, porque non se poden esgotar nunhas poucas páxinas asuntos que xeraron polémicas sen conto. Non pretende servir como introdución a outros estudos de maior densidade, aínda que os recomende e deles se alimente.

    Este libro enténdese como un paseo pracenteiro pola cidade. Vai na axuda do cidadán curioso que, no medio da trasfega cotiá, ten un momento para deterse e preguntarse polo sentido das rúas, das prazas, dos edificios: polo seu propio sentido. Por iso nos esforzamos por xunguir a historia da cidade aos nomes dos lugares, á configuración dos barrios e á lembranza das persoas senlleiras que neles habitaron.

    O segundo dos propósitos deste libro é o de situar a cidade no seu contexto galego e galeguista. Asumimos sen discusión que non se pode negar á Coruña a súa longa vinculación co resto de Galiza e o seu traballo a prol da cultura e da política galegas. Desde este punto de partida queremos percorrer a cidade; queremos ver nela o que queda do que foi e o que aínda se pode imaxinar na memoria colectiva e por baixo dos disfraces das construcións e dos costumes novos cos que a modernidade a miúdo trata de esquecer o pasado.

    View Index
  • ISBN 978-84-96893-45-0
    Autoría Félix Longueira Fafián
    Ilustración Manuel Graña Vázquez (fotógrafo)
    Nº páginas 128
    Ano 2008
  • Product Tags

    Use spaces to separate tags. Use single quotes (') for phrases.