Gañadora do concurso XOGO DA NATUREZA
Isaura García, gañadora do noso concurso XOGO DA NATUREZA, recibe o seu premio nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña.
Tras a conversa que mantivemos con ela o día da entrega do premio, comentounos que participou no concurso grazas á publicidade que Baía Edicións fixo no AchegArte celebrado o 28 e 29 de novembro de 2009 na Coruña.
Segundo ela mesma comentaba: “As preguntas non eran moi difíciles, pero tiven dúbidas nunha delas”. Ao final, a sorte estivo da súa parte e conseguiu o PREMIO tras o sorteo entre todos os acertantes do cuestionario.
Como PREMIO escolleu dúas das obras da natureza máis importantes que temos actualmente en Galicia: GUÍA DAS AVES DE GALICIA, de Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, con ilustracións de Calros Silvar e GUÍA MICOLÓXICA DOS ECOSISTEMAS GALEGOS, de Marisa Castro Cerceda, Alfredo Justo Fernández, Purificación Lorenzo Castro e Ana Soliño Pérez.



