Baía Edicións

Galego | Castellano | English

More Views

  • Historia da Filosofía 2º
  • Historia da Filosofía 2º

Historia da Filosofía 2º

Be the first to review this product

Disponibilidad: In stock

€ 0.00
Add Items to Cart
OR

Descripción rápida

ESGOTADO. Este libro ofrece unha información básica das principias correntes e sistemas filosóficos, á vez que se abordan con suficiente rigor o pensamento dos autores máis significativos da historia da filosofía.

Descripción del Producto

Additional Information

Popular Tags

 
  • ESGOTADO

    Este libro pretende servir de instrumento que permita acadar as pretensións e os obxectivos desta materia en segundo de Bacharelato. Nel ofrécese unha información básica das principias correntes e sistemas filosóficos, á vez que se abordan con suficiente rigor o pensamento dos autores máis significativos da historia da filosofía. No seu desenvolvemento préstase especial atención aos títulos do D.C.B., aínda que o seu cometido non se restrinxe exclusivamente a eles.

    A metodoloxía seguida no desenvolvemento das diferentes unidades é a seguinte:

    Actividades iniciais. A partir dun texto introdutorio, proponse unha serie de actividades para saber cales son os coñecementos previos do alumnado e, por outra parte, suscitar o seu interese pola temática a tratar.

    Desenvolvemento dos contidos onde, ademais de dar unha información xeral básica, se ofrece unha exposición suficientemente detallada das achegas do autor estudado nos seus distintos ámbitos.

    Resumo dos contidos. Co fin de facilitar a actividade comprensiva por parte dos alumnos e alumnas, ofrécese un resumo no que se recollen as achegas máis importantes.

    Actividades de avaliación. Preséntase un abano suficientemente amplo de actividades: definicións de termos, cuestións, comentarios de textos e lecturas, que permitan ao propio alumnado e ao profesorado valorar os coñecementos adquiridos.

    Antoloxía de textos. Para cada unidade elaborouse unha selección de textos do autor estudado, relacionados cos temas desenvolvidos e que poden empregarse para completar e profundar na exposición temática ou servirse deles como punto de partida para expoñer o pensamento do autor. A fin de evitar a entrega dun manual excesivamente extenso e de difícil manexo por parte do alumnado e do profesorado polo seu gran volume, valoramos a necesidade de achegar esta antoloxía de textos filosóficos en publicación á parte como material complementario do libro de texto.

    View Index
  • ISBN 978-84-96128-92-7
    Autoría Enrique Pérez Sotelo
    Nº páginas 432
    Ano 2005
  • Product Tags

    Use spaces to separate tags. Use single quotes (') for phrases.