Baía Edicións

Galego | Castellano | English

More Views

  • A herdanza do Marqués
  • A herdanza do Marqués

A herdanza do Marqués

Be the first to review this product

Disponibilidad: In stock

€ 13.46
Add Items to Cart
OR

Descripción rápida

2ª edición. Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.

Descripción del Producto

Additional Information

Popular Tags

 
  • VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

     

    2ª Edición

    Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.

    Xandra ben coñece eses enigmas: forma parte deles, tan ao seu pesar. Esa ancestral maldición dos Corredores da que nin ela nin a súa familia conseguen fuxir e que tanto lle complica a vida.

    A herdanza do marqués é a historia da súa amizade, das sombras ameazantes que espreitan, da vella historia da casa Ervedelo e da aínda máis antiga dos Negro e o Marqués de Vilacardoso, da calor abafante, das lendas sinistras e das ofertas temibles. Coidas que serás capaz de pasar as súas páxinas sen ter arrepíos?

    Escrita en primeira persoa por cada unha das protagonistas desta intrigante historia, mostra dous vehículos distintos e, á par complementarios, de narrar: o tradicional, en que Xandra nos fai partícipe das súas preocupacións e vivencias directamente, e o propio das charlas pola Internet, en que Zoila non se dirixe directamente ao lector, senón aos seus amigos da cidade. Pode verse, tamén, como un xogo de irmandade entre o rural e o urbano, entre a modernidade e a tradición, entre o pasado e o presente, posto ao servizo da resolución dun enigma que condiciona os dous mundos.

  • ISBN 978-84-92630-21-9
    Autoría Conchi Regueiro
    Ilustración Noemí López
    Nº páginas 296
    Ano 2009
  • Product Tags

    Use spaces to separate tags. Use single quotes (') for phrases.