Descripción del Producto
Additional Information
Popular Tags
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
Esta comedieta farsesca dirixida ao público infantil, como a define o seu autor, transcorre en Venecia (Italia) nunha fría noite do século XVIII. Valentino Rufini, de regreso á súa casa en Milán, é abandonado polo seu criado, que marcha con todos os seus cartos. Só e cargando co seu baúl de viaxe, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasará a carruaxe que vai cara a Milán. No mesmo lugar aparece coa idéntica intención Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixara composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos se coñecerán e compartirán a noite, e, con ela, desexos, sospeitas e medos mutuos, mentres agardan a que chegue o día e continuar as súas viaxes, pero...
Cartel Valentino Rufini Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can) foi estreada pola compañía galega Talía Teatro no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 4 de decembro de 2008, permanecendo en xira na actualidade. Na súa montaxe interveu o seguinte equipo artístico e técnico.
Reparto
- Valentino Rufini. Diego Rey.
- Âkil Pillabán. Dani Trillo Ficha artística.
- Deseño de escenografía, vestiario e iluminación. Roberto Salgueiro.
- Realización escenografía e atrezzo. Rodrigo Roel.
- Realización vestiario. Clotilde Vaello.
- Efectos sonoros. Toni Salgado.
- Asistente de dirección. Marta Ríos.
- Dirección. Roberto Salgueiro.
ISBN 978-84-92630-19-6 Autoría Roberto Salgueiro Ilustración Javi Montes Nº páginas 64 Ano 2009
