Baía Edicións

Galego | Castellano | English

More Views

  • Economía e organización de empresas. Exercicios prácticos

Economía e organización de empresas. Exercicios prácticos

Be the first to review this product

Disponibilidad: In stock

€ 14.42
Add Items to Cart
OR

Descripción rápida

Este é un libro que pretende ser eminentemente práctico, orientado a facilitar a aprendizaxe da resolución de exercicios que se presentan no estudo dun nivel de iniciación da Economía e Organización de Empresas.

Descripción del Producto

Additional Information

Popular Tags

 
  • Este é un libro que pretende ser eminentemente práctico, orientado a facilitar a aprendizaxe da resolución de exercicios que se presentan no estudo dun nivel de iniciación da Economía e Organización de Empresas. O aspecto práctico nesta materia é unha vertente importante no seu estudo, que normalmente vai interrelacionado coa parte teórica, pero que esixe un tempo e un esforzo especial tanto a nivel individual como colectivo, diferenciado da teoría. A aprendizaxe dos contidos procedementais, nunha materia baséase normalmente na repetición dun modelo tomado como referencia, sobre o que se van incorporando variantes que entrañan diferentes niveis de dificultade, até conseguir alcanzar o nivel dos obxectivos propostos. Con este manual pretendemos axudar neste proceso de ensino e aprendizaxe, proporcionando os procedementos que contribúen a desenvolver as habilidades que requiren a comprensión e dominio na resolución dos casos prácticos que se presentan nesta materia. O libro nace cun obxectivo de autonomía e ao mesmo tempo pretende ser un complemento dos que actualmente están no mercado, e que son utilizados normalmente polo profesorado e alumnado desta materia. Autonomía que se consegue achegando para cada tipo de exercicios, unha pequena introdución teórica que sustente e proporcione as claves prácticas da resolución dos problemas que se presentan en cada caso para a súa resolución. A esta introdución segue un exercicio resolto, cos seus pasos explicados; a continuación, e co obxectivo de practicar o método presentado, propóñense unha serie de exercicios a resolver ben individual ou colectivamente na clase, que van acompañados da súa solución, para así poder autoavaliar o seu resultado. A organización do texto está centrada unicamente naqueles aspectos prácticos máis comúns da materia de Economía e Organización de Empresas, e consta de 12 capítulos que van desde o estudo dos custos e da produtividade até a análise financeira da empresa. Cada un dos capítulos estará centrado nun tipo concreto de exercicios dos considerados normais para un nivel inicial de estudo desta materia. O carácter ambicioso do manual baséase fundamentalmente no referente á súa utilidade, tanto para o profesorado como para alumnas e alumnos; utilidade que ben dada pola especializacion de cada un dos capítulos nunha tipoloxía de problemas, así como por ter uns obxectivos específicos perfectamente claros en cada caso.

    View Index
  • ISBN 978-84-96893-13-9
    Autoría Rafael Prieto-Puga, Elena Conde, Mª Fernanda Rojo, Amparo D. Seijas Díaz
    Nº páginas 160
    Ano 2007
  • Product Tags

    Use spaces to separate tags. Use single quotes (') for phrases.