Descripción del Producto
Additional Information
Popular Tags
Libro dirixido a satisfacer as necesidades doutros estudantes de niveis educativos equivalentes ou superiores que se vexan na necesidade de ampliar os seus coñecementos científicos mediante unha análise reflexiva e filosófica dos mesmos. O marcado carácter transversal e interdisciplinario do mesmo espera suscitar o interese tanto polas ciencias e tecnoloxías como polas súas inevitábeis implicacións filosóficas e morais.
A súa estrutura xeral vén conformada por catro bloques temáticos que abarcan un total de oito temas. Cada un dos temas divídese en apartados que, dada a súa extensión, poden ser contemplados como outras tantas unidades didácticas.
Todos os temas posúen unha estrutura común, que comprende as seguintes fases ou momentos:
Presentación, na que se determinan os contidos e os obxectivos específicos. Contidos conceptuais, que veñen expostos de forma sistemática, de xeito que todos os apartados contiguos gardan entre si relacións de dependencia conceptual. Os cadros explicativos foron expresamente deseñados polos autores co fin de axudar á compresión dos conceptos expostos en cada caso.
As actividades prácticas aparecen situadas ao final de cada un dos apartados principias. Estas teñen como obxectivo, non só avaliar os coñecementos adquiridos, senón fundamentalmente abrir novas vías de investigación e reflexión relacionadas cos mesmos. Tamén nos dous apartados que seguen textos e bibliografía- se abren posibilidades doutros tipos de actividades complementarias.
A escolma de textos que acompaña a cada un dos temas persegue unha dobre finalidade: a) ampliar a información adquirida nos contidos conceptuais desenvolvidos; e b) promover a análise reflexiva e crítica mediante a explicación dos textos en cuestión.
Finalmente, unha bibliografía temática, precisada tanto en canto a súa localización como a súa extensión, posibilitará a realización daqueles traballos de investigación que poidan ser suscitados na aula e acordados entre profesorado e alumnado.
ISBN 978-84-89803-17-6 Autoría Arturo Carreira Castro e Carmen Padilla Heredia Nº páginas 416 Ano 1998
