Baía Edicións

Galego | Castellano | English

More Views

  • Proxecto Integrado de xestión empresarial. Unha proposta de desenvolvemento

Proxecto Integrado de xestión empresarial. Unha proposta de desenvolvemento

Be the first to review this product

Disponibilidad: In stock

€ 13.00
Add Items to Cart
OR

Descripción rápida

Este manual pretende achegar o estudante ao mundo real da xestión e administración de empresas por medio da utilización de documentos e procesos que abranguen a esfera contábel, financeira, fiscal e laboral.

Descripción del Producto

Additional Information

Popular Tags

 
  • Este manual pretende achegar o estudante ao mundo real da xestión e administración de empresas por medio da utilización de documentos e procesos que abranguen a esfera contábel, financeira, fiscal e laboral, eidos todos eles interrelacionados e polos que chegamos a coñecer o estado patrimonial, financeiro e económico das empresas.

    O obxectivo último é comprender de xeito global as distintas competencias profesionais do título de Técnico Superior en Administración e Finanzas, abordadas nos módulos que compoñen o deseño curricular do ciclo. Proponse, como instrumento principal para o desenvolvemento da aprendizaxe, a realización dunha simulación de actividades levadas a cabo na empresa. Para isto achéganse os documentos de traballo necesarios, favorecendo a utilización, neste proceso, de medios e aplicacións informáticas.

    A obra comeza enunciando o exercicio a realizar. En primeiro lugar, creamos unha pequena empresa de alimentación, proceso no que podemos contemplar a posta en marcha e as operacións habituais dun empresario individual. Despois dun tempo (tres trimestres) contemplamos unha ampliación do negocio e unha transformación do mesmo en sociedade de responsabilidade limitada, ampliando o número de socios e a súa actividade. Desta maneira podemos analizar e comparar a problemática e particularidades de ambos tipos de empresas.

    Nunha segunda parte ofrécese a documentación e material complementario necesarios para a resolución do suposto. Entre eles están as escrituras de constitución e estatutos sociais, contratos de arrendamento, convenio colectivo do sector, documentación bancaria etc.

    Rematamos cun anexo no que presentamos unha serie de esquemas referentes á constitución e fiscalidade das empresas.

    View Index
  • ISBN 978-84-96128-18-7
    Autoría Carmen Barreiro Neira e Margarita Casal Devesa
    Nº páginas 126
    Ano 2003
  • Product Tags

    Use spaces to separate tags. Use single quotes (') for phrases.