Baía Edicións

Galego | Castellano | English

More Views

  • Grego

Grego

Be the first to review this product

Disponibilidad: In stock

€ 27.88
Add Items to Cart
OR

Descripción rápida

O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario. Cada unidade consta de tres partes interrelacionadas entre si: dúas referidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada na lingua.

Descripción del Producto

Additional Information

Popular Tags

 
  • O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario.

    Cada unidade consta de tres partes interrelacionadas entre si: dúas referidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada na lingua. Todas inclúen actividades. Nunha Primeira Parte, que dá título á unidade, ofrécese información sobre o mundo cotián e mitolóxico a través de textos traducidos e imaxes artísticas gregas; a continuación, e baixo o nome de Persistencia do mito, preséntanse textos e obras de arte que amosan a súa influencia na cultura galega e foránea. Incorpóranse tamén actividades e suxerencias de ampliación.

    A Segunda Parte é a especificamente gramatical. Ten explicacións breves e abundantes exercicios. Tradúcense primeiro frases e, progresivamente, textos orixinais. Insertamos unhas listas de vocabulario de "máxima frecuencia" -feito a partir dos autores máis representativos- pois consideramos que a súa aprendizaxe facilita o achegamento aos textos. Cada lista vai acompañada de diversas actividades (antónimos, derivación, helenismos, familias léxicas...) para unha máis doada e rápida adquisición de coñecementos léxicos. No segundo curso de Bacharelato é necesario que o alumnado ademais se familiarice co uso do dicionario.

    Nesta parte hai tamén un apartado denominado E se queres avanzar máis..., no que se oferta material de ampliación que permite adecuarse aos distintos niveis de coñecemento adquiridos polo alumnado.

    A Terceira é a parte histórica e cultural, presentada por medio dunha viaxe, co apoio de imaxes e textos. Inclúe actividades e suxestións de ampliación, así como referencias de libros, CD - Rom e enderezos de Internet.

    Todas as unidades levan exercicios de recapitulación. A 4, 8 e 12 inclúen, ademais, unha autoavaliación. Pode recorrerse a esta parte para insistir nalgún punto da materia ou mesmo para exames.

    O presente manual cumpre coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega en Xullo de 2003.

    View Index
  • ISBN 978-84-96526-88-4
    Autoría Matilde de Cal Cortina e José Manuel Bértolo Ballesteros
    Nº páginas 384
    Ano 2007
  • Product Tags

    Use spaces to separate tags. Use single quotes (') for phrases.