ESGOTADO
O principal propósito do libro é a elaboración dun manual manexábel polo alumnado, que o lean sen problemas e que poidan comprobar o aproveitamento que obtén del. De aí que o libro explique e analice en profundidade os contidos da materia partindo da idea intuitiva que ten o alumnado e chegando até a formulación máis ou menos rigorosa de todas eles.
O manual convértese nun libro de consulta permanente, axudado pola singular achega do denominado “Glosario de termos utilizados” que se pode utilizar de forma permanente para solucionar dúbidas.
Inclúense mapas conceptuais nas introducións de cada un dos catro bloques para lograr unha visión conxunta da materia a estudar e as interrelacións existentes entre elas e cos coñecementos previamente adquiridos.
Ao final do libro resólvense todos os exercicios pares propostos nos distintos temas, o que permite ao alumnado avaliar a súa comprensión e dominio dos contidos, así como a súa fiabilidade á hora de facer os exercicios.
Todos os temas levan ao principio un apartado de exercicios de avaliación inicial que tratan sobre os conceptos básicos necesarios para entender os contidos que se explican a continuación.
View Index
O Índice xeral do manual é o seguinte:
__Bloque I. A resolución de problemas__
__Unidade 1. A resolución de problemas__
* 1. Exercicios e problemas
* 2. Problemas
* 3. Demostracións e contraexemplos
* 4. Problemas finais
__Bloque II. Aritmética e Álxebra__
__Unidade 2. Os números reais__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. O conxunto dos números reais
* 3. A recta real. Os intervalos
* 4. As operacións con números reais
* 5. A orde na recta real
* 6. O valor absoluto
* 7. As potencias e as raíces de números reais
* 8. As aproximacións e os erros
* 9. A notación científica
* 10. Exercicios resoltos
* 11. Exercicios finais
__Unidade 3. Ecuacións, inecuacións e sistemas__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. As ecuacións polinómicas
* 3. As ecuacións racionais
* 4. As ecuacións irracionais
* 5. Os sistemas de ecuacións
* 6. As inecuacións polinómicas cunha incógnita
* 7. As inecuacións racionais cunha incógnita
* 8. As inecuacións de primeiro grao con dúas incógnitas
* 9. Os sistemas de inecuacións
* 10. Exercicios resoltos
* 11. Exercicios finais
__Unidade 4. Os números complexos__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. Os números complexos
* 3. O plano complexo
* 4. Operacións con números complexos
* 5. As operacións no plano complexo
* 6. Exercicios resoltos
* 7. Exercicios finais
__Bloque III. Xeometría__
__Unidade 5. Trigonometría__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. As razóns trigonométricas
* 3. Fórmulas trigonométricas sinxelas. A reducción de cuadrante
* 4. A resolución de triángulos rectángulos
* 5. Os teoremas do seno e do coseno
* 6. A resolución de calquera tipo de triángulos
* 7. As razóns da suma e da diferenza. Ángulo dobre e ángulo metade
* 8. Ecuacións trigonométricas. As recíprocas das razóns
* 9. Exercicios resoltos
* 10. Exercicios finais
__Unidade 6. Sistemas de referencia no plano. As coordenadas cartesianas e as polares__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. As coordenadas cartesianas
* 3. As coordenadas polares
* 4. Conversión das coordenadas
* 5. Os números complexos en forma polar
* 6. Exercicios resoltos
* 7. Exercicios finais
__Unidade 7. Os vectores no plano. A recta__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. Os vectores fixos e os vectores libres
* 3. As operacións con vectores
* 4. Os sistemas de referencia afín
* 5. A recta no plano. Ecuacións da recta
* 6. As posicións relativas de dúas rectas
* 7. Exercicios resoltos
* 8. Exercicios finais
__Unidade 8. A xeometría métrica no plano__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. O producto escalar
* 3. O ángulo de dous vectores e de dúas rectas
* 4. As distancias no plano
* 5. Problemas métricos. Os lugares xeométricos
* 6. Exercicios resoltos
* 7. Exercicios finais
__Bloque IV. Análise__
__Unidade 9. As funcións. Formas de expresión e características__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. As funcións. Formas de expresión
* 3. As características das funcións
* 4. Exercicios resoltos
* 5. Exercicios finais
__Unidade 10. As funcións elementais__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. As funcións polinómicas
* 3. As funcións definidas por intervalos
* 4. As funcións racionais
* 5. As funcións irracionais
* 6. As funcións exponenciais
* 7. As funcións trigonométricas
* 8. Exercicios resoltos
* 9. Exercicios finais
__Unidade 11. As operacións con funcións__
*1. Exercicios de avaliación inicial
*2. A suma e a resta de funcións
*3. A multiplicación e a división de funcións
*4. As potencias das funcións
*5. A composición de funcións
*6. A función recíproca
*7. As funcións logarítmicas
*8. As funcións recíprocas das trigonométricas
*9. Exercicios resoltos
*10. Exercicios finais
__Unidade 12. Límites__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. O límite dunha función nun punto
* 3. Os límites no infinito
* 4. A relación entre os límites e as operacións con funcións
* 5. O cálculo de límites
* 6. Exercicios resoltos
* 7. Exercicios finais
__Unidade 13. A continuidade__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. A continuidade dunha función nun punto
* 3. Os tipos de descontinuidades
* 4. A continuidade sobre intervalos
* 5. Exercicios resoltos
* 6. Exercicios finais
__Unidade 14. Introdución ao cálculo diferencial__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. A derivada dunha función nun punto
* 3. A función derivada
* 4. A derivada e as operacións con funcións
* 5. O crecemento e o decrecemento nunha función derivable
* 6. Exercicios resoltos
* 7. Exercicios finais
__Bloque V. Estatística e probabilidade__
__Unidade 15. As distribucións bidimensionais. Correlación e regresión linear__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. As distribucións bidimensionais. Os diagramas de dispersión
* 3. Correlación
* 4. As rectas de regresión
* 5. Exercicios resoltos
* 6. Exercicios finais
__Unidade 16. A probabilidade__
* 1. Exercicios de avaliación inicial
* 2. Combinatoria
* 3. Experimentos aleatorios. Sucesos
* 4. Sucesos. Operacións con sucesos e propiedades
* 5. Frecuencia absoluta e relativa dun suceso
* 6. A asignación da probabilidade
* 7. Propiedades da probabilidade
* 8. Probabilidade condicionada. Propiedades
* 9. Sucesos dependentes e independentes
* 10. O teorema da probabilidade total
* 11. O teorema de Bayes
* 12. Exercicios resoltos
* 13. Exercicios finais
__Resultados dos exercicios pares__
__Glosario de termos utilizados__