Baía Edicións

Galego | Castellano | English

More Views

  • Obradoiro de Matemáticas

Obradoiro de Matemáticas

Be the first to review this product

Disponibilidad: In stock

€ 0.00
Add Items to Cart
OR

Descripción rápida

ESGOTADO. As actividades que vas encontrar neste libro teñen que ver cos números, coa xeometría e a medida e con diversas experiencias que teñen lugar no mundo en que vivimos con resultados imprevisíbeis.

Descripción del Producto

Additional Information

Popular Tags

 
  • ESGOTADO

    As actividades que vas encontrar neste libro teñen que ver cos números, coa xeometría e a medida e con diversas experiencias que teñen lugar no mundo en que vivimos con resultados imprevisíbeis.

    Aprenderás a diferenciar os números, comprenderás o seu significado e a súa utilización, serás quen de facer aproximacións utilizando o cálculo mental, descubrirás como calcular con precisión e utilizarás tamén estratexias, recursos e técnicas persoais de cálculo para resolver os diferentes problemas.

    Aprenderás tamén a recoñecer, describir, construír e valorar a beleza das figuras e formas xeométricas que nos rodean, comprenderás o significado dalgunhas expresións que se utilizan con frecuencia na vida diaria e na ciencia por exemplo: "é posíbel", "seguro", "moi probábel" e aprenderás tamén a predicir os posíbeis resultados dunha experiencia. Descubrirás tamén como interpretar e analizar a información expresada mediante gráficas que aparece con tanta frecuencia nos medios de comunicación.

    As actividades propostas son diversas, pero todas elas teñen que ver co mundo que nos rodea e con cousas que seguramente coñeces. Debes, polo tanto, intentar utilizar o que xa sabes e investigar o que aínda non coñeces.

    Hai actividades nas que tes que construír xogos cos que xa xogaches moitas veces pero utilizando agora conceptos matemáticos. Ao mesmo tempo que constrúes o xogo deberás comprender o significado dos elementos matemáticos que aparecen nel.

  • ISBN 978-84-89803-60-2
    Autoría Aníbal García Pinal, Aurora Plata Casais e Julio Rodríguez Taboada
    Nº páginas 88
    Ano 2001
  • Product Tags

    Use spaces to separate tags. Use single quotes (') for phrases.