A serie de contos infantís Rodribrico sae en español e portugués
A serie de contos infantís "Rodribico", que foi galardoada este ano como mellor colección ilustrada pola Asociación Galega de Editores, xa foi traducida ao español, co nome de "Rodripico", e ao portugués como "Rodibico".
Tamén cambiou a súa edición en rústica da primeira edición en galego, do ano pasado, a unha mellorada en tapa dura, segundo informa a través dun comunicado de prensa Baía Edicións.
A colección, obra do xornalista de La Voz de Galicia Manuel Guisande e do ilustrador Xosé Tomás, consta de cinco contos sobre un pajarito chamado Rodribico, que vive cun niño con todas as comodidades que un paxaro poida desexar.
En cada libro nárrase unha das súas aventuras cando Rodribico sae a descubrir o mundo e así lles ensina aos nenos o mar, a natureza, a cidade, o circo, ou a noite.
Os textos foron medidos para posibilitar unha rápida e comprensible lectura e enxalzan valores como a amizade, a educación, o bo comportamento ou a necesidade de compartir as cousas.
Os contos foron editados en castelán por Ártabro Editora e en portugués por Evida.Fonte: El País