Baía Edicións

Galego | Castellano | English

More Views

  • Luís Suárez. Fútbol de seda
  • Luís Suárez. Fútbol de seda

Luís Suárez. Fútbol de seda

Be the first to review this product

Disponibilidad: In stock

€ 19.23
Add Items to Cart
OR

Descripción rápida

A publicación ve a luz ao se celebrar o 50 aniversario da concesión a Luís Suárez do galardón máximo que pode alcanzar un futbolista profesional a título individual, coincidindo tamén, casualmente, co ano no que se cumpre o 75 aniversario do seu nacemento no barrio coruñés de Monte Alto.

Descripción del Producto

Additional Information

Popular Tags

 
  • Luís Suárez. Fútbol de seda representa unha homenaxe sentida ao único xogador de fútbol galego gañador do Balón de Ouro.
     
    A publicación ve a luz ao se celebrar o 50 aniversario da concesión a Luís Suárez do galardón máximo que pode alcanzar un futbolista profesional a título individual, coincidindo tamén, casualmente, co ano no que se cumpre o 75 aniversario do seu nacemento no barrio coruñés de Monte Alto.
     
    No seu libro, Xan Fraga fai un percorrido da vida deportiva de Luís Suárez, desde os seus comezos no Perseverancia de Monte Alto até a súa actual situación de directivo do Inter de Milán, pasando pola súa participación en equipos como o Fabril, o Deportivo, o Barcelona, o Inter e a Sampdoria, así como a súa carreira como adestrador de diversos equipos, entre eles o propio Deportivo, e como seleccionador da Selección española.
     
    Unha publicación que pon en valor a contribución á historia do fútbol mundial de Luís Suárez, quen polas súas habilidades futbolísticas é considerado un dos mellores xogadores de todos os tempos, un arquitecto, un artista; en palabras do autor, un xogador 10.
     
    O libro é prologado por Arsenio Iglesias, amigo persoal de Luís Suárez.
  • ISBN 978-84-96526-92-1
    Autoría Xan Fraga
    Nº páginas 152
    Ano 2010
  • Product Tags

    Use spaces to separate tags. Use single quotes (') for phrases.