Rotativo de Libros



Teu libro

A B C D E F G H I J K L M N Ñ O P Q R S T U V W X Y Z

10 autores co apelido que comenza coa letra 'A'

Abuín Chaves, Susana
Publica o libro de texto de "Filosofía" (1º Bach) en Baía Edicións no ano 2000 coa colaboración de varios autores.

Albarellos Codesido, Xoán Carlos
Realizou unha guía de traballo e varios cadernos titulados Aires de festa, todos eles en colaboración con Vicente Reboleiro González.

Alcalde Lorenzo, José Agustín
Publicou un libro sobre os espazos naturais de Galicia adicado á provincia de Pontevedra coa colaboración de Francisco Docampo, Xosé Lois Rey, Carlos Rey e Álvaro Rodríguez.

Alfeirán Rodríguez, Xosé
Realiza varios libros de texto relacionados coa Historia: "Historia do mundo contemporáneo 1º Bach", "Historia de España 1º Bach" e "Sociais 4º ESO", ademais doutros libros sobre a Coruña, a Torre de Hércules ou Murguía.

Almofrei, Manuel
Publica con Baía Edicións dous títulos da colección Xiz de cor: "Hércules e Xerión" e "Unha de lobos".

Arbaizar Gil, Benito
Nace na Coruña en 1962. Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor agregado de Filosofía en Ensino Medio e Profesor-Titor de Historia da Filosofía moderna e Filosofía da Linguaxe na UNED (A Coruña).

Arias Rodríguez, Lourdes
Publica, en colaboración de Rafael Prieto-Puga Fariña, un libro de texto sobre Economía dedicada a alumnas e alumnos de 1º Bach.

Asensi Cabierta, Moisés
Nace o 7 de maio de 1960 en Vigo, aínda que reside en Vilagarcía de Arousa.Realizou estudios de Arquitectura Técnica e actualmente exerce de Arquitecto Técnico.

Álvarez Flórez, Xosé Carlos
Realiza un libro de texto sobre a electricidade e a electrónica coa colaboración de Manuel Graña.

Álvarez González, Eduardo
Profesor Titular do Departamento de Filosofía da U.A.M. desde 1994. Licenciado en Filosofía en dita universidade en 1979, doctorouse tamén pola U.A.M. en 1991 cunha Tese sobre “A teoría do concepto na filosofía de Hegel” que recibiu por unanimidade a calificación de Apto cum laude.




Nosas Coleccions