Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • 4º Sociais

4º Sociais

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

28,85 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

Os autores preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia.

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso, por motivos administrativos alleos a nós e á marxe da dinámica habitual, os referidos a 4º curso da ESO, de forma que coincidan coa aplicación da gratuidade e posibilitar así o máximo aproveitamento do material.

    Os autores, Xosé Alfeirán Rodríguez e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia.

    A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado.

    Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática.

    As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras.

    O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación.

    O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos.

    Ao final de cada unidade incorpóranse tres dobres páxinas que pretenden axudar a reforzar as competencias básicas que se traballaron ao longo da unidade. Estas preséntanse na forma de:

    • Monografías, nas que se investiga e produndiza sobre un tema relacionado coas unidades, normalmente referido a algunha especifidade galega e/ou á realidade das mulleres.
    • Lecturas complementarias, para completar e reflexionar sobre aspectos relacionados coa unidade.
    • Lembra e aplica, con actividades e recomendacións para aplicar, ler, ver e investigar na busca de información.

    Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación.

    Ademais, os autores propoñen un conxunto de materiais, organizado coa mesma secuencia temporal e temática que o libro do alumnado, con catro obxectivos: dispor de recursos para abordar un tratamento diversificado; contar con información complementaria relacionada coa temática xeral da unidade de moi diferente entidade, desde conceptos novos como de carácter máis trivial ou de simple curiosidade; propor actividades lúdicas nas que se reforzan contidos; e, por último, contar con modelos de avaliación para cada unidade coa súa correspondente solución. O libro de texto acompáñase do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual.

    Ver indices
  • ISBN 978-84-96893-55-9
    Autoría Xosé Alfeirán Rodríguez e Ana Romero Masiá
    Nº de páxinas 288
    Ano 2008
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.