Sondaxe
Campo, Marica
Nace no Val do Mao, Incio, Lugo. Desde hai moitos anos, compaxina o seu traballo profesional como mestra cun dilatado labor literario e cultural que abrangue campos ben variados.
Autora de poemas e de letras para grupos musicais galegos desde o albor da Nova Música Galega; dramaturga (O Premexentes non pode cos paxaros rebezos –Mención de Honor do Premio de Teatro “O Facho”-, O Cazador de Estrelas...); autora do libreto A Casa, musical operístico; colaboradora en múltiples iniciativas docentes e socioculturais dirixidas á dignificación da literatura do país. A publicación en 1992 de Tras as portas do rostro, o seu primeiro poemario editado, supuxo unha auténtica revelación: coñecíamos os lectores a voz intensa e orixinalísima dunha poeta que demorara moitos anos en darnos a coñecer unha entrega á poesía moito tempo servida e arrequecida. De lonxe ven tamén a súa adicación á narrativa, longamente premiada, que agora temos ocasión de gozar como un precioso galano nesta súa primeira colección de relatos, que nos levan desde María Balteira a mulleres dos nosos días.
Publicacións
- O Premexentes non pode cos paxaros rebezos.
- A Casa, musical operístico.
- Confusión e morte de María Balteira. Baía Narrativa, Baía Edicións, 1999.
- Tras as portas do rostro. Baía Branca, Baía Edicións, 1992.
Volver á listaxe