Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Autores

Buscar por nome do autor: [ A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z ]

Cacheiro Varela, Maximino

Doutor pola Sorbona en “Estudos Ibéricos”, Magíster en Etnoloxía e Diplomado en Estudos Superiores Cinematográficos. Antigo profesor da Universidade Central de Venezuela e da de Andrés Bello, na actualidade é profesor titular de Literatura Hispanoamericana na Universidade de Vigo.


[+ Info]

Camacho Lliteras, Juan Luis

Publica varias guías prácticas sobre a horta, os enxertos, gallos e mergullos. Tamén realizou libros sobre as árbores froiteiras e as vides e viños de Galicia.


[+ Info]

Campo, Marica

Nace no Val do Mao, Incio, Lugo. Desde hai moitos anos, compaxina o seu traballo profesional como mestra cun dilatado labor literario e cultural que abrangue campos ben variados.


[+ Info]

Cao Abad, Ricardo

Nace o 16 de decembro de 1965 na Coruña, onde reside. É Licenciado e Doutor en Matemáticas. Actualmente exerce como Catedrático de Universidade.


[+ Info]

Caramelo Rego, Carlos

Nace na Coruña en xuño de 1968, onde reside actualmente. Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago, exerce de Técnico de Laboratorio na Universidade da Coruña.


[+ Info]

Caramelo Rego, Carlos

Nace na Coruña en xuño de 1968, onde reside actualmente. Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago, exerce de Técnico de Laboratorio na Universidade da Coruña.


[+ Info]

Carballeira Cabana, Paula

Nace en Fene en 1972. Adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral desde 1994. Foi convidada aos principais festivais de narración oral tanto nacionais como internacionais.


[+ Info]

Carreira Castro, Arturo

Publica o libro de texto "Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía" dedicado ao alumnado de segundo curso de bacharelato.


[+ Info]

Carretero Pasín, Ángel Enrique

Nace en Santiago de Compostela en 1963. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela –USC- (1988). É Profesor Agregado de Filosofía de Ensino Secundario desde 1995, exercendo a docencia no IES Chano Piñeiro (Pontevedra).


[+ Info]

Cartelle, Yosy

Realiza, en colaboración de Juan Ignacio Díaz d`a Silva e Calros Silvar, a maravillosa guía dos mamíferos de Galicia. Guía que pretende dar a coñecer a todas as persoas interesadas este tesouro da natureza galega que son os mamíferos.


[+ Info]

Casal Devesa, Margarita

Publica un libro de texto para o alumnado da formación profesional de ciclo superior sobre o proxecto integrado de administración de empresas.


[+ Info]

Casal Núñez, Pablo

Publica, en colaboración de varios autores, o libro de texto "Educación física" para o alumnado da ensinanza secundaria obrigatoria.


[+ Info]

Casalderrey, Fina

Naceu en Xeve (Pontevedra). Desde os dezanove anos, exerce a profesión de mestra (na actualidade en Secundaria). Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfica. Dirixindo ós seus alumnos e alumnas participou en concursos promovidos pola Xunta de Galicia, o Museo de Pontevedra...


[+ Info]

Casete Fernández, Lorena

Autora de dous libros de divulgación dedicados ao ligue e á parella. Os títulos son os seguintes: "o abc do ligue" e "O abc da parella"


[+ Info]

Castilla, Gabriel

Ganador do I Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). A obra gañadora leva por título: "O soñador" (2007).


[+ Info]

Castillo, Blanca

Realiza dous títulos da colección "O bosque encantado" de Baía Edicións para nenas e nenos de oito a doce anos.


[+ Info]

Castiñeira Romar, Francisco M.

Naceu en Delémont (Suíza) en 1977, fillo de emigrantes de Laxe. Pasou case toda a súa vida na Coruña, aínda que tamén residiu en Oviedo e en Compostela. Actualmente, traballa de Técnico de laboratorio en Oviedo, aínda que proximamente residirá en Passau (Baviera, Alemaña).


[+ Info]

Castro Cerceda, Marisa

Nace o 20 de decembro de 1955 en Lugo (San Lázaro, á beira do Miño). Actualmente vive entre Vigo e Oporto. É doutora en Ciencias Biolóxicas e bióloga de profesión, xa que exerce como Profesora Titular na área de Botánica da Universidade de Vigo.


[+ Info]

Cendón Fernández, Marta

Nace o 23 de maio de 1966 en Tui (Pontevedra) e reside en Santiago de Compostela. É licenciada en Xeografía e Historia, sección Arte Antigo e Medieval en 1989 e Doctora en Historia da Arte, en 1995.


[+ Info]

Cervera i Iglesias, Anna Carina

Nace o 30 de xullo de 1967 en Lleida e reside en Lugo. É Licenciada en Filosofía pola Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) 1990 e Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) 2004.


[+ Info]

Chao Castro, David

Nace no Carballiño en Ourense. Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, Especialidades de Historia da Arte Antiga e Medieval (1997) e Museoloxía (1996). Licenciado trala defensa da Tese de Licenciatura "A vila de Ribadavia: o medio e a súa arte na Idade Media” (2000).


[+ Info]

Chao Rego, Xosé

Nace en Vilalba (Lugo) o 23 de abril de 1932. Empezou os estudios no Seminario de Mondoñedo. Licenciouse en Filosofía en Salamanca. Continuou os estudios en Roma onde se licenciou en Teoloxía no 1956.


[+ Info]

Cienfuegos López, Elvira

Conselleira Delegada de Educación, Concello de Santiago de Compostela. Publica en Baía Edicións unha unidade didáctica dedicada á problemática ambiental en Galicia.


[+ Info]

Comesaña Martínez, Patricia

Nace o 4 de xaneiro de 1972 en Vigo, onde reside. É licenciada en Bioloxía e exerce actualmente de comercial.

[+ Info]

Conchi Regueiro

Nace en Lugo en 1968, vive en Tui (Pontevedra) desde hai máis de trinta anos. Traballadora social de profesión, dedícase na actualidade á docencia en cursos de Formación ocupacional principalmente.


[+ Info]

Conde Soto, Francisco

Nace en Vigo en 1978. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela (2001) e Doutor pola Universidade de Barcelona coa tese "O problema da conciencia do tempo na fenomenoloxía de Edmund Husserl" (2007).


[+ Info]

Cordal Fustes, Xabier

(A Coruña, 1965). Autor de varios libros de poemas e colaborador en varios medios escritos do país, a súa obra aparece recollida en diversas escolmas (dEfecto 2000, A tribo das baleas, etc.). É profesor no IES de Castro Ribeiras de Lea.


[+ Info]

Corona García, Tomás

Publica catro libros de texto dedicados á asignatura de matemáticas: "Matemáticas" de 1º e de 2º Bach e "Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais" de 1º e 2º de Bach tamén.


[+ Info]

Corral Iglesias, José Alberte

Nace na Coruña. Profesor Mercantil, Licenciado en Ciencias Económicas; Estudos de jornalismo na Universidade Central de Venezuela-Caracas. Na actualidade exerce como Profesor de Ensino Secundario.


[+ Info]

Correa Corredoira, Xabier

Pintor, gravador e escultor, aínda que a súa primeira vocación foi a literatura. En 1975,o Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos concedeulle unha bolsa, participando nun curso de cerámica.


[+ Info]

Cortizo Amaro, Carlos

Nace o 23 de novembro de 1964 en Vigo e reside en Poboa de Trives. É licenciado en Ciencias Biolóxicas e actualmente é profesor en Ensinanza Secundaria de Bioloxía e Xeoloxía.


[+ Info]

Costa Casais, Manuela

Autora de varias unidades didácticas referidas ao relevo da costa galega e o glaciarismo e periglaciarismo en Galicia. Ademais publicou artículos en revistas e colaborou en outras obras colectivas.


[+ Info]

Crespo, Amaia

Nace en Valencia en 1977. É licenciada en filoloxía inglesa pola Universidade de Valencia. Traballa de subtituladora de películas e de profesora e actualmente dedícase á corrección.


[+ Info]

Cuña Bóveda, Ánxeles

Nace en Pontevedra en 1957. Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Dramaturga, Pedagoga e Directora teatral.


[+ Info]