Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • A vella peneira a noite

A vella peneira a noite

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

8,65 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

O poeta percorre o seu mundo físico próximo, recorda a amizade e o espazo vital dos seus primeiros pasos, as lecturas que evocan os seus poemas, para ir afastándonos do mundo da terra firme e facernos camiñar na máis distante galaxia...

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • Dinos o autor, a xeito de explicación do que podemos atopar coa lectura deste poemario que percorre as veas dunha biografía, que nalgunhas rexións, coa frase esta noite peneirou a vella, dise da xeada que caeu sobre o campo, á mañá. No escurecer, se o día esta calmo, saio para vela.

    O poeta percorre o seu mundo físico próximo, recorda a amizade e o espazo vital dos seus primeiros pasos, as lecturas que evocan os seus poemas, para ir afastándonos do mundo da terra firme e facernos camiñar na máis distante galaxia, nese universo no que todo, se cadra, está protexido pola branca luz de incerta brillantez do que fica perenne no ser humano: os recordos.

    Desde a cama, muda, mira

    o teito do universo. Ri ás veces, como se o desafiase,

    pero o xesto no tarda en romper,

    apágase antes de pronuncialo.

    A vida pasa a súa agulla pola boca da avoa.

  • ISBN 978-84-89803-81-7
    Autoría Xabier Cordal Fustes
    Ilustración Perfecto A. Estévez
    Nº de páxinas 80
    Ano 2001
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.