Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Arianrod

Arianrod

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

0,00 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

ESGOTADO. Da nostalxia? Pois non, da nostalxia nunca el me falou, aínda que se cadra deu por sentado que eu caería niso habida conta a súa condición de poeta (...)

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • ESGOTADO

    ... Da nostalxia? Pois non, da nostalxia nunca el me falou, aínda que se cadra deu por sentado que eu caería niso habida conta a súa condición de poeta (...) Home, eu non sei se será como ti dis e resulta que no hai nostalxia idéntica a outra, pero nese caso, así de primeiras, eu inclinaríame por ser a nostalxia de Xabier como unha que vén en Jack London, que non é nostalxia senón ardil de caza dun neno pequeno e esquimal, que cazaba osos tirándolles de comer baluguiñas de unto nas que agachara barbas de balea afiadas como espetas. Ó se derreter unto nos adentros do animal aquelas barbas librábanse pouco a pouco, como paseniño tamén se achega a morte: unha morte pola que oso sabía que era el mesmo quen a chamaba desde os seus adentros, aínda que talvez por non recoñecer a voz como a súa propia, digo eu, pensara o oso que era a mesma alma quen falaba. E ó mellor é así a nostalxia de Xabier, penso, se cadra como aquela nostalxia que mata a un oso. Se cadra.

    De "Isto non é un prólogo".

    Xe Freyre

    O río permanece

    Porque esquece a auga

    Só o salgueiro vivo sabe a lenda da vida.

  • ISBN 978-84-87674-28-0
    Autoría Xabier Cordal Fustes
    Ilustración Ladislao da Regueira
    Nº de páxinas 160
    Ano 1993
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.