Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Outro mundo é posíbel: O reino da necesidade de Vandana Shiva

Outro mundo é posíbel: O reino da necesidade de Vandana Shiva

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

8,65 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

Unha das mellores vías en tanto que abrangue ambas as dúas posibilidades, ao meu entender, é a que ofrece o pensamento e a práctica ecofeminista de Vandana Shiva, de aí que comece por subliñar que é un acerto a publicación dun libro como este de Anna Cervera que contribúa a que se divulgue e discuta a obra dunha das mulleres máis activas.

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • Hai moitas e diversas maneiras xa de achegarse, xa de profundar na reflexión sobre a crise ecolóxica ou a globalización en xeral, ou, máis en concreto, sobre a enxeñería xenética, a biotecnoloxía, a produción e a reprodución, o libre comercio, a pobreza, a saúde, a alimentación. Unha das mellores vías en tanto que abrangue ambas as dúas posibilidades, ao meu entender, é a que ofrece o pensamento e a práctica ecofeminista de Vandana Shiva, de aí que comece por subliñar que é un acerto a publicación dun libro como este de Anna Cervera que contribúa a que se divulgue e discuta a obra dunha das mulleres máis activas, coñecidas e recoñecidas, a nivel mundial, tanto desde o feminismo como do ecoloxismo ou dos movementos alterglobalización. As razóns para introducírmonos na súa visión abondan. A súa formación científica, o ser unha voz do Sur, o seu compromiso práctico cos pobres da terra e, nomeadamente, coas mulleres, presente e patente nos seus textos e nas súas intervencións en distintos foros internacionais, fornecen a crítica a un desenvolvemento e crecemento económico xerador de desigualdades, pobreza e degradación do mundo natural, tanto a nivel local como global. Un pensamento e unha práctica que responde con contundencia ao que se xulga como un "mal desenvolvemento" e que, pola contra, adoita unha perspectiva de subsistencia, aquela que parte das necesidades fundamentais da vida.

  • ISBN 978-84-96526-84-6
    Autoría Anna Cervera i Iglesias
    Nº de páxinas 112
    Ano 2007
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.