Descrición do Produto
Información Adicional
Etiquetas populares
O 1 de xullo de 2005 o plenario da Real Academia Galega, facendo coincidir a celebración do centenario da súa fundación, acordou dedicar o Día das Letras Galegas do ano 2006 ao sadense Manuel Lugrís Freire, pola súa contribución en defensa do idioma galego. Esta institución salientou del a súa traxectoria vital de total entrega á dignificación e á normalización da lingua galega, sempre unida á defensa de Galicia, como o demostra a súa participación na creación de moi diversas entidades políticas e culturais. O ensaio de Xosé Manuel Fernández Costas destaca a súa figura como precursor en moitos aspectos: foi o primeiro que fixo unha peza de teatro galego en prosa, como autor dramático xogou un papel clave na creación dun teatro nacional galego, foi o primeiro tamén en empregar o galego en actos públicos, participou na creación de organizacións políticas e sociais que o levaron a colaborar na redacción do Estatuto e ser elixido presidente da Real Academia Galega, entre outros feitos vitais destacados.
ISBN 978-84-96526-36-5 Autoría Xosé Manuel Fernández Costas. Prefacio de Manuel Lugrís Rodríguez (neto do homenaxeado) Nº de páxinas 128 Ano 2006
