Descrición do Produto
Información Adicional
Etiquetas populares
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
Esta moi celebrada colección de pequenas historias foi en 1993 obxecto dun notorio caso de censura. A Corte Suprema de Dublín apoiou unha decisión gubernamental pola que se prohibía a publicación do libro. Desde entón, no entanto, o seu éxito internacional está a ser total, sendo traducido ao italiano, español, alemán, euscaro e, agora, ao galego.
"Todas as historias teñen unha certa calidade elexiaca, a sensación de que algo importante está a desaparecer, a perderse. Tal como acontece nas súas outras obras, Adams reflicte a memoria colectiva, porque as rúas e a xente que el describe son máis fieis ao pasado que ao presente... A tenrura da escritura de Adams procede do afecto do home polo seu pasado... A Rúa demostra que Adams é un bo escritor".
ISBN 978-84-89803-40-4 Autoría Gerry Adams. Tradución: Eva Veiga Torre e Ana Gabin Iglesias Ilustración Calros Silvar Nº de páxinas 240 Ano 2000
