Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Entre dous. Entre ouro e olvido

Entre dous. Entre ouro e olvido

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

7,69 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

"Con nomes non pode haber alegría" fora a súa frase de presentación, e cometera un erro: agachar a alegría baixo unha espesa capa de realidade. Ela percibiu o seu desencanto e prometeulle novas visitas a aquela fraga...

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

     

    "Con nomes non pode haber alegría" fora a súa frase de presentación, e cometera un erro: agachar a alegría baixo unha espesa capa de realidade. Ela percibiu o seu desencanto e prometeulle novas visitas a aquela fraga. Voltarían a verse, a abrazarse, a bicarse, pero tería que vivir unicamente co que o seu rostro lle amosase: unha máscara de inexpresividade. Non era moito, sabíao, pero tamén sabía que agora se produciría un cambio. Era o mundo do sol, nesa vida diaria, onde sería capaz de ser ela mesma. O seu rostro pertencía a outros espertares. Nunca consentiría que lle quitasen a máscara.

    Pasaba o tempo e el continuaba espreitando o cerebro noite e día á procura do bálsamo que liberase á muller nocturna. Era preciso sentila, tela en toda a súa magnitude. Xogaba e xogaba de mil formas diferentes e en todos os xogos acadaba o mesmo resultado.

    Un día díxolle á muller:

    -Se nunca te vas mostrar, poderías finxir. Finxe para min.

    Ela aceptou a proposta. Tratábase de facer teatro, de representar un papel protagonista para un único espectador, que arañaría na verosimilitude da personaxe buscando a fronteira entre ficción e realidade para poder subir el tamén ao escenario e xogar a súa baza. Comenzaba a representación...

  • ISBN 978-84-87674-97-6
    Autoría Victoria Salgado Basoa e Paulino Martínez Pereiro
    Nº de páxinas 192
    Ano 1996
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.