Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Guía das árbores de Galicia

Guía das árbores de Galicia

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

21,15 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

Esta guía pretende ser útil ás persoas interesadas en coñecer as distintas árbores que se poden atopar no deambular polos montes e campos galegos. Inclúe todas as especies, tanto as consideradas autóctonas, como aquelas alóctonas naturalizadas.

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • A Guía das árbores de Galicia alcanza a súa 3ª edición nunha andaina que vén cubrindo de forma exitosa un espazo na literatura do natural e proporcionando un material que se converteu en imprescindíbel non só para as persoas afeccionadas e amantes da natureza, tamén para estudosas e investigadoras.

    Ilustrada a toda cor e cunha linguaxe accesíbel a todas as persoas, que, á vez, non escapa do rigor científico esixido a unha obra destas características, recolle e analiza as 91 especies autóctonas ou naturalizadas de árbores e arbustos máis representativos dos nosos montes, mostrando por primeira vez especies que, sen ser propiamente arbóreas, constitúen de forma específica ou conxuntamente con outras ecosistemas de gran valor natural e ecolóxico.

    A Guía é unha proposta de coñecemento, tamén de chamada á protección e conservación do medio natural galego.

  • ISBN 978-84-96526-70-9
    Autoría Henrique Niño Ricoi
    Ilustración Calros Silvar
    Nº de páxinas 240
    Ano 2006
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.