Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Guía das Orquídeas de Galicia

Guía das Orquídeas de Galicia

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

17,31 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

Con esta guía preténdese dar a coñecer a todos os interesados, ese pequeno tesouro da natureza galega que son as orquídeas. Na primeria parte expóñense aspectos como a súa morfoloxía, bioloxía ou distribución que nos permitirán adquirir unha visión global sobre elas...

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • Con esta guía preténdese dar a coñecer a todos os interesados, ese pequeno tesouro da natureza galega que son as orquídeas. Na primeria parte expóñense aspectos como a súa morfoloxía, bioloxía ou distribución que nos permitirán adquirir unha visión global sobre elas e nos facilitarán a utilización e comprensión das claves e descricións posteriores. Coas sinxelas claves de identificación pódense determinar os xéneros e as especies presentes en Galicia, que veñen descritas a continuación. As fichas de cada especie conteñen abundante información, que inclúe a súa descrición, diferenciación doutras orquídeas similares, hábitat, distribución, floración, mecanismos de polinización e polinizadores habituais, grao de protección etc.

    Todo isto acompañado de mapas de distribución por concellos e dunha completa selección de fotografías, tanto xerais como de detalle, que nos facilitará a identificación das especies. No glosario explícase a terminoloxía científica que aparece no texto e, finalmente, inclúense algunhas referencias bibliográficas, así como páxinas web onde se poderá encontrar máis información sobre orquídeas silvestres da Península Ibérica, Europa ou outras partes do mundo.

  • ISBN 978-84-96526-78-5
    Autoría Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena
    Nº de páxinas 172
    Ano 2006
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.