Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Guía micolóxica dos ecosistemas galegos

Guía micolóxica dos ecosistemas galegos

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

33,65 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía Galega, porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos.

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía Galega, porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos, formados profesionalmente nas nosas universidades.

    A distribución das especies ao longo da obra é diferente ao que se ve habitualmente. Faise por ecosistemas, de tal maneira que cando pasees por unha fraga ou por un bidueiral poidas dirixirte ás páxinas relativas a estes hábitats, o que che facilitará a identificación de visu.

    A guía, dirixida tanto a profesionais como a persoas afeccionadas á micoloxía, segue tamén dúas máximas, unha do saber popular, só se valora e se pode conservar aquilo que se coñece, e a outra do noso gran fabulador Álvaro Cunqueiro, ...dicir rula e abidueira e dorna e fonte... fanme dono da rula e da abidueira e da dorna e da fonte..., para indicar que só existe e posuímos aquilo que ten un nome, aquilo que coñecemos.

  • ISBN 978-84-96526-23-5
    Autoría Marisa Castro Cerceda, Alfredo Justo Fernández, Purificación Lorenzo Castro e Ana Soliño Pérez
    Ilustración Calros Silvar
    Nº de páxinas 448
    Ano 2005
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.