Descrición do Produto
Información Adicional
Etiquetas populares
Os diversos lugares e microclimas de Galicia dan un abano de posibilidades que non se encontran noutras áreas da Península Ibérica, que fai que debamos considerar o termo "Xardinarías" (en plural). Nesta guía coméntanse unha serie de recomendacións sobre as especies, os labores e traballos a realizar no xardín. Non é exhaustiva, dada a diversidade galega, mais todas as especies aquí mencionadas foron obxecto de traballos e prácticas, así como dun rigoroso seguimento no seu desenvolvemento.
ISBN 978-84-96128-22-4 Autoría Juan Luis Camacho Lliteras Ilustración Calros Silvar Nº de páxinas 128 Ano 2003
