Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Cociña caseira galega
  • Cociña caseira galega

Cociña caseira galega

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

16,35 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

Coas súas máis de 300 receitas, na que destacamos, pola súa importancia na Estrada, as realizadas con base no salmón, Nieves proponnos, cunha linguaxe próxima e accesible, perder o medo aos fogóns e practicar no día ao día o exercicio, sempre gratificante, de elaborar os nosos propios pratos.

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • Nieves Feros, avoa, nai... cociñeira de profesión até a súa recente xubilación, deleitou coa súa sabedoría e bo facer na cociña á clientela do Restaurante La Bombilla, divulgadora dos seus coñecementos con dous libros anteriores a este -esgotados- e nos cursos organizados pola asociación estradense de Amas de Casa, onde demostrou que para facer bos pratos só -é non é pouco- se necesita moito cariño e bos produtos naturais, dos que felizmente o noso país é potencia mundial. Coas súas máis de 300 receitas, na que destacamos, pola súa importancia na Estrada, as realizadas con base no salmón, presentado por ela como o auténtico "rei da comarca", Nieves proponnos, cunha linguaxe próxima e accesible mesmo para as persoas que non estean moi habituados a ler en galego, perder o medo aos fogóns e practicar no día ao día o exercicio, sempre gratificante, de elaborar os nosos propios pratos. Cociña caseira galega é, sen dúbida e ante todo, un antídoto á cociña rápida, á globalización gastronómica, á vez que unha homenaxe sincera a todas as mulleres que deron de comer a galegas e galegos de todas as épocas.

    Noticias de interese: La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Faro de Vigo.

    Galería de imaxes: Cociña caseira galega.

  • ISBN 978-84-96893-82-5
    Autoría Nieves Feros
    Nº de páxinas 296
    Ano 2010
  • Etiquetas de Productos

    Outros marcaron este producto coas seguintes etiquetas:

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.