Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • O abc do ligue

O abc do ligue

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

2,88 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

Este libro recolle as achegas da Psicoloxía científica ao tema, desde a premisa de que as formas eficaces de ligar son tantas como persoas e relacións diferentes se inicien. A formulación máis eficaz será aquela que teña en conta as características de personalidade de cadaquén...

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • Este libro recolle as achegas da Psicoloxía científica ao tema, desde a premisa de que as formas eficaces de ligar son tantas como persoas e relacións diferentes se inicien. A formulación máis eficaz será aquela que teña en conta as características de personalidade de cadaquén, os recursos persoais, e a necesaria autoconfianza en conseguir relacións afectivas ou ligues.

    Neste ABC pódese atopar un instrumento de reflexión e aprendizaxe sobre:

    * O ligue e os sentimentos, tanto propios como alleos.

    * Que buscamos cando imos ligar.

    * A capacidade de sedución e como potenciala.

    Ao longo deste libro iráse analizando cada elemento do proceso de ligue, desde como contactar con novas persoas até como consolidar unha relación; tamén se darán pistas sobre cales poden ser os lugares máis axeitados para estabelecer novos encontros, que mensaxes soen intercambiarse ao ligar (miradas, xestos...) e como interpretalos. Por último veránse as dificultades máis frecuentes que aparecen cando nos propoñemos dar un paso máis cara á outra persoa.

  • ISBN 978-84-87674-90-7
    Autoría Lorena Casete Fernández e Rafael M. Ruíz López
    Nº de páxinas 64
    Ano 1997
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.