Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • O abc da imaxe visual

O abc da imaxe visual

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

2,88 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

Este libro expón un enfoque práctico da imaxe visual no que as explicacións sinxelas e os exemplos gráficos constitúen a súa base. O que se pretende é dotar ao lector e lectora non expertos das ferramentas necesarias para moverse axilmente nesta nesta sintaxe da imaxe.

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • Este libro expón un enfoque práctico da imaxe visual no que as explicacións sinxelas e os exemplos gráficos constitúen a súa base. O que se pretende é dotar ao lector e lectora non expertos das ferramentas necesarias para moverse axilmente nesta sintaxe da imaxe.

    Tras definir o concepto de imaxe faise unha clasificación atendendo ao grao de fidelidade con que mostran a realidade.

    Proporciona así mesmo ao non iniciado os elementos que forman un verdadeiro alfabeto da imaxe, que poderá utilizar, tanto para a análise como para a creación de expresións gráficas. Estes elementos por si sós carecen da plenitude expresiva, que só logra cos principios de composición que tamén se inclúen de forma resumida. Con estes elementos xa é posíbel entender e crear imaxes, que, recreando a natureza ou a outras imaxes, trasmitan a nosa mensaxe.

    Por todo isto, recoméndase o manual ás persoas que se inicien no estudo de calquera das actividades relacionadas co mundo da imaxe, como por exemplo: a fotografía, o deseño, a pintura, a arquitectura ou o cine. Así como tamén para todos aqueles que desexen gozar dunha lectura máis completa da extensa produción visual que nos rodea hoxe en día.

  • ISBN 978-84-87674-89-1
    Autoría Pelayo García Méndez e Domingo Díaz Docampo
    Nº de páxinas 64
    Ano 1996
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.