Cociña Caseira Galega
Baía Edicións presenta na Estrada o libro COCIÑA CASEIRA GALEGA, de Nieves Feros. O acto tivo lugar o venres día 28 de novembro, ás 21.00 horas, no Teatro Principal, no que interviron, ademais da autora, José Antonio Dono López (Alcalde da Estrada), Manuel Sanmartín Obelleiro (Concelleiro de Cultura), Valentín García Gómez (Coordinador de Política Lingüística) e Belén López Vázquez (directora editorial de Baía Edicións). Ao finalizar o acto, tivo lugar unha degustación de receitas no restaurante "La bombilla".




