Deter o día cunha flor
Baía Edicións presenta o libro DETER O DÍA CUNHA FLOR, de Luz Pozo Garza e José Valentín. O acto tivo lugar na Coruña o mércores día 22 de abril, ás 20.00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande 21-24), en que interviron, ademais dos autores, Xulio López Valcárcel, Ánxeles Penas, Olga Patiño e Belén López Vázquez.



















