Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Achegarte 2011

Baía Edicións conta con stand propio onde expoñer todos os seus libros: infantil-xuvenil, natureza, teatro, narrativa, divulgación, arte e escrita, poesía etc. O sábado 2 de abril ás 12:00 h.realizarase a entrega de premios “Meiga Moira”, onde a gañadora, Andrea Maceiras, recollerá o seu premio pola obra VIOLETA TAMURANA, publicada na colección que leva por nome. O domingo 3 de abril ás 17:30 h. contarase cun contacontos sobre a colección Rodribico: Divírtete co paxaro Rodribico.