Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Guía dos microorganismos das augas continentais
  • Guía dos microorganismos das augas continentais

Guía dos microorganismos das augas continentais

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

28,65 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra.

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra.

     

    Non existe ningunha guía destas características, na que se engloben seres vivos pertencentes a cinco Reinos e inclúa unha clave de identificación dos máis frecuentes.

     

    O libro comeza cunha parte xeral, que consiste basicamente na descrición dos Reinos e os seus respectivos Phylum, na que se indican os caracteres básicos para diferenciar os grandes grupos.

     

    Inclúe, ademais, métodos útiles para o seu cultivo que permiten obter variedade e cantidade de individuos, o que facilita a súa visualización ao microscopio e unha clave de identificación inédita acompañada de máis de 200 debuxos feitos en exclusiva para este libro. A súa utilización facilita, xunto coas precisas descricións e as 450 fotografías orixinais do autor, o recoñecemento dos organismos que con maior frecuencia podemos encontrar nestes ambientes acuáticos.

     

    Entrevista en La Voz de Galicia

  • ISBN 978-84-92630-59-2
    Autoría Carlos Pérez Valcárcel
    Nº de páxinas 360
    Ano 2010
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.