Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Iniciación á electricidade e á electrónica

Iniciación á electricidade e á electrónica

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

0,00 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

ESGOTADO. Este libro persegue como obxectivo primordial o achegamento do alumnado á electricidade e á electrónica, cubrindo uns contidos ou coñecementos mínimos adaptados á materia de Iniciación Profesional á Electricidade e á Electrónica.

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • ESGOTADO

    Este libro persegue como obxectivo primordial o achegamento do alumnado á electricidade e á electrónica, cubrindo uns contidos ou coñecementos mínimos adaptados á materia de Iniciación Profesional á Electricidade e á Electrónica, actualmente contemplada no Segundo Ciclo do Ensino Secundario Obrigatorio. Con tal fin, este libro propón unha estratexia didáctica activa, consistente en que os alumnos e alumnas acaden o obxectivo de realizaren unha serie de proxectos concretos relacionados directamente coa vida ordinaria.

    O libro consta de tres bloques temáticos:

    Fundamentos, Electricidade e Electrónica

    No primeiro bloque expóñense os principios básicos dos fenómenos electrostáticos, eléctricos e electromagnéticos, incidindo moi especialmente na permanente e constante presenza de tales fenómenos na vida cotiá.

    O segundo bloque temático aborda o coñecemento da electricidade desde unha perspectiva máis práctica e manipulativa, a través da identificación e uso de materiais e compoñentes utilizados na vida real. É nesta parte onde se levará a cabo o proxecto de instalación eléctrica de uso doméstico.

    O terceiro bloque refírese en exclusiva á electrónica. Trátase de que o alumnado adquira diversas habilidades a través da consecución de dous ou tres proxectos.

    Ver indices
  • ISBN 978-84-89803-49-7
    Autoría Xosé Carlos Álvarez Flórez e Manuel Graña Vázquez
    Ilustración Calros Silvar e Perfecto Estévez
    Nº de páxinas 224
    Ano 2000
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.