Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Filosofía 1º

Filosofía 1º

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

0,00 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

ESGOTADO. Este libro é o resultado de moitos séculos de esforzo na procura dunha explicación razoable aos asuntos da vida humana. Trata, pois, de cuestións que en toda época e cultura, a pesar do paso do tempo, permanecen como incógnitas e centros de interese.

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • ESGOTADO

    Este libro é o resultado de moitos séculos de esforzo na procura dunha explicación razoable aos asuntos da vida humana. Trata, pois, de cuestións que en toda época e cultura, a pesar do paso do tempo, permanecen como incógnitas e centros de interese. E trata das solucións que sobre esas cuestións aportaron homes e mulleres que coñecemos co nome xenérico de filósofos.

    Non se trata dun libro de estudio en sentido estricto, senón dun libro no que aparecen reflectidas unhas opinións que é interesante coñecer para configurarmos a nosa propia idea e o noso criterio.

    O libro está estruturado da seguinte forma:

    * 1. Os Bloques temáticos. Cada bloque desenvólvese a través de tres temas que desglosan aspectos parciais dese grande apartado, pero que teñen unha forte unidade e cohesión internas.

    * 2. Os temas. Cada un dos doce temas subdivídese en apartados para facilitar o traballo e contén unha serie de textos e actividades que complementan a exposición dos autores e autora do libro.

    * 3. Os textos. Teñen unha dobre localización e intencionalidade. o a. Moitos van intercalados na propia exposición e forman parte da mesma. Teñen que ver directamente co que se está relatando e precisan aspectos relevantes do asunto que se trata. o b. Os textos que aparecen ao remate dos apartados, son textos moi significativos sobre os asuntos que se exponen e funcionan como explicación, resume ou complemento da exposición.

    * 4. As actividades. As actividades son de varios tipos, pero básicamente perseguen dous obxectivos: o a. Recompilar e sistematizar o visto anteriormente. Son actividades de avaliación do esforzo realizado. o b. Ampliar a información. Son actividades que proponen a procura de información práctica acerca dos asuntos analizados. o c. Fomentar a creatividade e o discurso filosófico propio. Son actividades que propoñen a elaboración do pensamento propio e o xuízo crítico acerca dos asuntos tratados.

    * 5. A tribuna de Prensa. Ao remate de cada Tema, aparece un artigo relacionado co tema tratado que pretende ampliar e actualizar a información ao tempo que familiarizar ao alumnado coa lectura de textos científicos e filosóficos de prensa ou revistas especializadas.

    * 6. As Biografías. Ao remate de cada tema aparece a reseña biográfica de homes e mulleres altamente representativos no ámbito da temática tratada co fin de que se teña acceso á vida e obras de persoas a quen debemos moito e dos que, tal vez, non se teña moito coñecemento.

    * 7. A Bibliografía. Ao remate de cada tema aparece unha bibliografía e unha filmografía seleccionadas e relacionadas co tema exposto.

    Ver indices
  • ISBN 978-84-89803-16-9
    Autoría Susana Abuín Chaves, Francisco Martínez Bouzas e Henrique Tello León
    Nº de páxinas 444
    Ano 1998
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.