Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Formación e orientación laboral

Formación e orientación laboral

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

13,46 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

O presente manual estrutúrase en torno a catro grandes bloques temáticos que tratan a realidade laboral: a seguridade e saúde no traballo, as relacións laborais e de seguridade social, a actividade económica e empresarial e a procura de emprego.

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • O presente manual estrutúrase en torno a catro grandes bloques temáticos que tratan a realidade laboral desde catro posicións distintas: a seguridade e saúde no traballo, as relacións laborais e de seguridade social, a actividade económica e empresarial e a procura de emprego.

    O bloque de Prevención de Riscos Laborais introduce ao alumnado no eido da saúde laboral, poñendo de releve a íntima relación existente entre traballo e saúde, achegándolle ferramentas para que cando se incorpore ao mundo do traballo poida facelo de xeito seguro e valorando a necesidade de desenvolver o traballo de forma preventiva, salvagardando a seguridade e saúde propia e a dos demais traballadores e traballadoras.

    O bloque de Dereito Laboral e da Seguridade Social achégase ao mundo das relacións laborais. Trata cuestións como o contrato de traballo e os dereitos e deberes para traballadores e empresarios que del derivan, o dereito sindical e as prestacións da Seguridade Social.

    No bloque de Economía e Empresa ofrécense nocións básicas da actividade económica e empresarial, dentro da que se incardinan as relacións laborais nas que o alumno e alumna estarán insertos.

    Por último, o bloque de Procura de Emprego pretende orientar ao alumnado no proceso de transición da vida académica ao mundo do traballo, dándolle ferramentas para que poida levar a cabo o proceso de procura de emprego con garantías.

    Cada unha das dezaseis unidades didácticas nas que se divide o manual iníciase coa indicación dos seus obxectivos, propoñendo a continuación unha avaliación inicial referida aos contidos que se tratarán nela. Ao final das mesmas propóñense actividades que permitirán ao alumnado poñer en práctica e comprobar a profundidade e rigor dos coñecementos adquiridos.

    Ver indices
  • ISBN 978-84-96128-53-8
    Autoría Belisario Sixto San José
    Nº de páxinas 278
    Ano 2005
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.