Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Técnicas de expresión escrita

Técnicas de expresión escrita

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

0,00 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

ESGOTADO. O ámbito escolar e a sociedade en xeral esixen de todos nós a capacidade de expresarnos por escrito nas situacións máis diversas. Encontrar a redacción que exprese exactamente o que queremos expoñer esixe unhas técnicas e un adestramento.

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • ESGOTADO

    O ámbito escolar e a sociedade en xeral esixen de todos nós a capacidade de expresarnos por escrito nas situacións máis diversas. Unha tarxeta de felicitación, unha mensaxe a través do correo elecrónico, unha carta privada ou de negocios, a elaboración dun cartel coas bases dun concurso, unha reclamación nun estabelecemento público, unha instancia para solicitar unha axuda económica, a redacción dun currículo persoal ou, por suposto, un exame obrígannos a coller o bolígrafo ou acender o ordenador e pensar qué palabras poñemos e cómo as xuntamos para que iso que queremos contar se entenda.

    E é que esa tarefa aparentemente tan sinxela non o é tanto. Encontrar a redacción que exprese exactamente o que queremos expoñer esixe unhas técnicas e un adestramento. Igual que aquel nadador teórico do que nos fala Vicente Risco en Os Europeos en Abrantes, que pensaba que podía aprender a nadar lendo un libro sobre o tema e practicando sobre unha cadeira da sala, moitos de nós pensamos que podemos redactar un bo exame ou mesmo escribir un poema ou un conto sen tirarnos á auga. Folga dicir que a don Feliciano, o noso nadador teórico, salvouno de morrer afogado un nadador empírico, ou sexa, dos que van ao río.

    O que este libro propón é unha serie de técnicas e moito adestramento. Dividímolo en cinco bloques nos que traballamos cada un dos aspectos que consideramos esenciais para adquirir unhas adecuadas técnicas de expresión escrita.

    Cada unidade está formada por unhas breves anotacións ou recomendacións e exercicios ordenados de menor a maior dificultade. Moitos deles admiten máis dunha solución correcta. Ademais, aproveitando a idea de R. Quenau nos seus Exercicios de Estilo, utilizamos un texto de Marina Mayoral para redactar as variacións que imos propoñendo. Pensamos que é unha fórmula entretida e moi adecuada para perfeccionar as técnicas de escritura porque obriga a manipular e distorsionar un mesmo texto, coas dificultades que iso implica, e permite observar os cambios, mesmo de significado, que unha redacción diferente provoca sobre o mesmo escrito.

    Ver indices
  • ISBN 978-84-89803-85-4
    Autoría Isabel Arcay Veira e Begoña Martín Acero
    Nº de páxinas 168
    Ano 2002
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.