Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Test de galego para oposicións: SERGAS

Test de galego para oposicións: SERGAS

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

12,50 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

O presente volume pretende ofrecer un método práctico orientado á preparación da proba de lingua galega no proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

Descrición do Produto

Información Adicional

Etiquetas populares

 
  • O presente volume pretende ofrecer un método práctico orientado á preparación da proba de lingua galega no proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Na súa redacción pódense observar catro partes principais:

    * Propostas con cuestións referentes ao coñecemento da lingua galega. Son un total de 1000 preguntas, repartidas en 50 cuestionarios formados por 20 exercicios. A súa estrutura é a que segue:

    a) Vocabulario de Medicina (da 1ª á 5ª pregunta).

    b) Corpo humano (da 6ª á 8ª).

    c) Léxico Administrativo (da 9ª á 11ª).

    d) Léxico común (da 12ª á 15ª).

    e) Morfoloxía, Sintaxe e Ortografía (da 16ª á 20ª).

    * Cuestionarios das máis recentes convocatorias do SERGAS. Recollemos un total de 14 propostas, coas que se pretende ofrecer unha panorámica dos exercicios presentados nos últimos anos (de 2002 a 2005) para as diferentes categorías laborais (auxiliar de enfermería, celador/a, servizo de cociña, etc.)

    * Vocabulario específico. A modo de complemento, incluímos un vocabulario específico da saúde e da administración sanitaria. Trátase dos principais termos do léxico específico deste ámbito, agrupados nun glosario final coa finalidade de facilitar a consulta, cando esta fora necesaria.

    * Solucionarios. Recollen as respostas correctas tanto aos 50 cuestionarios propostos como aos 14 correspondentes a convocatorias anteriores.

    Como estratexia de aprendizaxe autodidacta, recomendamos o seguinte procedemento: 1º) realización dun único cuestionario, 2º) comprobación dos resultados; e 3º) identificación da causa dos posíbeis erros.

    Agardamos que lectoras e lectores consigan perfeccionar o seu nivel de lingua galega e que tiren o maior proveito posíblel a esta obra.

  • ISBN 978-84-96526-46-4
    Autoría Xoán Carlos Fraga Celeiro
    Nº de páxinas 152
    Ano 2006
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.