Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Falece Miguel Delibes aos 89 anos de idade

2010-03-12

O escritor e académico Miguel Delibes faleceu a primeira hora da mañá de hoxe en Valladolid.  O autor de "Cinco horas con Mario" atopábase en estado crítico tras agravarse a longa enfermidade que padecía, segundo declararon os seus familiares onte á axencia Europa Press.

 
 Delibes, que naceu en 1920 en Valladolid, iniciou a súa carreira literaria en 1947 coa novela “La sombra del ciprés es alargada”, que foi galardoada co segundo Premio Nadal. Entre as súas principais obras atópanse El Camino (1950), Mi idolatrado hijo Sisi (1953), Las ratas (1962), Cinco horas con Mario (1966), Los santos inocentes (1982) ou El hereje (1999). Entre os galardóns que recibiu, destacan o Nacional de Narrativa, o Príncipe de Asturias das Letras e o Cervantes.
 
Fonte: Xornal.com
Ver máis novas