Galiciaé estréase en Facebook e Twitter
2010-08-27
A plataforma de comunicación na web das publicacións El Progreso, Diario de Pontevedra, L-V (de Luns a Venres), Galicia Gastronómica e Nova+, Galiciaé, quere achegarse máis aos seus usuarios, polo que vén de incorporarse á Facebook e Twitter nunha aposta polas redes sociais que facilitará o seguimento dos seus contidos , a creación de debates sobre temas de actualidade, a interactuación entre os lectores e a realización de suxestións á redacción.
Galiciaé leva en funcionamento dende decembro de 2007, e pretende chegar cada vez a máis público, o que explica que adopten a Facebook e Twitter coma sistemas que faciliten o contacto cos lectores e a redifusión dos seus contidos.Fonte: Codigocero.com