Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Presentado o volume adicado á arte feminina actual

2010-03-11

No acto de presentación estiveron presentes a presidenta da Asociación Teenses pola Igualdade, Rosa Gómez, e Patricia Núñez, autoras da publicación. O volume contén un percorrido artístico pola obra de 100 mulleres con experiencias e traxectorias moi diferenciadas ao pertencer a xeracións distintas e contar con diversas motivacións e linguaxes. As artistas toman a palabra no libro para explicar a súa historia e relación coa arte.

Rosa Gómez explicou na presentación que o libro pretende centrar a mirada das mulleres como “suxeito de arte e non como obxectos da mesma”, algo que, subliñou, foi o habitual ao longo da historia.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, que estivo presente no acto, reivindicou o “caudal creativo” e “sensibilidade estética” das artistas galegas e apostou pola promoción da mirada “enriquecedora” que aportan á cultura galega. O titular de Cultura explicou que 100 mulleres galegas: artistas emerxentes, aspira a “recompensar na medida do posíbel a inxustiza histórica” que se cometeu coas mulleres no mundo das artes plásticas.
 

Fonte: A Nosa Terra

Ver máis novas