Descrición do Produto
Información Adicional
Etiquetas populares
Primeiro volume dunha serie de Literatura Universal Contemporánea que fala do movemento romántico, analizando o prerromanticismo, o romanticismo británico, o norteamericano, o alemán, o francés, o italiano, o portugués e, finalmente, o ruso.
Realízase, en primeiro lugar, unha exposición teórica sobre os trazos propios da literatura, dos autores e das súas obras, seguido dunha antoloxía de textos literarios, traducidos ao galego, agás os portugueses pola súa comprensibilidade. Recóllense despois unhas actividades propostas para analizar os textos e as obras que se suxiren para a súa lectura íntegra, finalizando cunha listaxe de filmes baseados en obras románticas aludidas anteriormente.
De grande utilidade tanto para o profesorado e o alumnado como para calquera persoa interesada en ter unha completa visión do máis destacado do movemento romántico.
ISBN 978-84-96128-19-4 Autoría Eduardo Álvarez, Aurora Bermúdez, Mª Xesús Dono, Carlos Gómez, Juana López, Antonio Pichel, Dorinda Rivera, Elisa Santamarina e Pilar Vázquez Nº de páxinas 152 Ano 2003
