Baía Edicións

Galego | Castellano | English

Máis vistas

  • Pintor por Italia
  • Pintor por Italia

Pintor por Italia

Sexa o primeiro en analizar este produto

Dispoñibilidade: Dispoñible

20,19 €
Engadir elementos á cesta
OU

Vista rápida

É máis que un diario de viaxes e un catálogo de imaxes, é a simple –coa súa dificultade– mostra da personalidade dun dos máximos representantes da expresión plástica galega actual, e que agora se nos descobre tamén como un magnífico escritor.

Descrición do Produto

Información Adicional

nos tamén recomendamos

Etiquetas populares

 
  • Pintor por Italia é un diario resultado de dúas viaxes realizadas por Correa Corredoira e que nos transmite visións distintas para achegarnos a mesma identidade, Italia, desde dous estados de ánimo que marcan perfectamente o percorrido realizado dunha forma libre e aberta para deixarse atrapar pola súa arte, polas súas xentes, pola súa gastronomía, en definitiva, por unha cultura mediterránea que non nos é allea nin sequera tan diferente vista a través dos ollos dun singular representante deste finis terrae que nos caracteriza e define como pobo atlántico.

    Correa Corredoira achéganos Italia desde dúas perspectivas: a escrita, máis inesperada nun artista plástico, a través duns textos ben traballados e que, en ocasións, se transforman en auténticas visións e presentacións poéticas, e a plástica, na que se recoñece máis o singular viaxeiro, e a través da cal nos dá a coñecer e propón un (re)coñecemento da arte que mana por todas as rúas e cidades desa Italia, que no seu lapis e pincel, se nos transforma nunha máxica visión de cores.

    Con todo, Pintor por Italia é máis que un diario de viaxes e un catálogo de imaxes, é a simple –coa súa dificultade– mostra da personalidade dun dos máximos representantes da expresión plástica galega actual, e que agora se nos descobre tamén como un magnífico escritor.

  • ISBN 978-84-96893-09-2
    Autoría Xabier Correa Corredoira
    Nº de páxinas 144
    Ano 2007
  • Deter o día cunha flor

    Deter o día cunha flor

    19,13 €
  • Etiquetas de Productos

    Utilice un espazo para separar as etiquetas. Utilice comiñas simples (') para frases.