OFERTA!
As algas clasifícanse nun grupo heteroxéneo e moi artificial de seres vivos, cun aspecto moi variábel. Esta guía recolle por primeira vez, ilustrada a toda cor por Calros Silvar, a descrición das 90 macroalgas máis importantes das nosas costas, do medio no que viven e da relación que estabelecen co resto das comunidades que conforman o ecosistema litoral, así como algunhas ideas sobre o seu cultivo e aproveitamento, con claves de identificación a nivel de xénero. Acompáñase dun CD-ROM.
Price:4,81 €
Manual para as persoas interesadas nun coñecemento iniciático sobre os viños do noso país. Os diferentes capítulos deste libro son unha novidade no panorama editorial desta temática, informando das vides e uvas, das Denominacións de Orixe, da historia da vide en Galicia e, o máis interesante, as propostas técnicas de como achegarse ao consumo do viño, cos fundamentos universalmente utilizados e recoñecidos. Inclúe un glosario e unha antoloxía sobre a relación do viño e a arte en Galicia.
Price:1,92 €
Cando calquera de nós se achega ao mar a bañarse, ou simplemente vai pasear pola area húmida, a maioría da xente non é consciente de que ese líquido acuoso que forma o mar ten unha antigüidade duns 4.500 millóns de anos, case tantos como o propio planeta que habitamos, polo tanto, este enorme ecosistema foi testemuño da maior parte do acontecementos tanto xeolóxicos como biolóxicos que tiveron lugar neste planeta. Tampouco somos conscientes de que ao saír do baño, nestas augas salgadas, portamos sobre o noso corpo numerosas células de moi pequeno tamaño, moitas delas microscópicas, coñecidas como fitoplancto. Estes microorganismos mariños son a base das cadeas tróficas neste medio. Boa parte da nosa alimentación, aquela que procede do mar, depende da abundancia destes pequenos organismos fotosintéticos.
Aínda que o cerne é a Oceanografía e a Bioloxía mariña, este é un libro que poderiamos cualificar de multidisciplinar, pois nel, como o propio relato sobre a Arca de Noé, teñen cabida outros moitos aspectos, non exclusivamente biolóxicos, que van desde narracións históricas sobre navegación, Erastótenes e a esfericidade da Terra, as investigacións de Alfred Wegener sobre a tectónica de placas e a súa influencia no noso planeta até Thor Heyerdal e a expedición da Kon-tiki, a conquista do planeta azul polos humanos, a caza das baleas etc.
Price:2,88 €
Neste estudo, referido ao ano 2000, cuantifícanse as emisións atmosféricas de dióxido de carbono, óxidos de hidróxeno, dióxido de xofre, monóxido de carbono, metano, compostos orgánicos volátiles, excluído o metano, óxido nitroso, partículas e dioxinas que se orixinaron en Galiza nos distintos sectores e subsectores da nosa actividade económica, téndose en conta tamén as emisións procedentes de usos domésticos, transportes...
Representa unha chamada de atención á sociedade, á industria e á administración para poñer os medios para a súa reducción e un manual imprescindible para estudosos do medio natural.
Price:1,92 €
Gustaríache chegar a ser "Mestre" ou "Mestra" de Xadrez? Queres coñecer os segredos deste fantástico, divertido e marabilloso xogo? O misterio de Xadrez é tamén un enigma que agora podes descifrar: canto máis aprendamos e máis xoguemos, máis nos atraparán as súas xogadas e estratexias. Con axuda deste libro, un taboleiro e as súas pezas, a túa intelixencia pode levarte todo o lonxe que queiras. Pon a proba a túa axilidade mental e experimentarás o sabor da vitoria!
Price:2,88 €
O último dos tres tomos da mitoloxía clásica na arte e na literatura galegas. Neste título estúdanse os heroes agrupados en oito capítulos: A guerra de Troia, A Odisea, Hércules, Edipo, Teseo, Perseo, Orfeo e Xasón e os Argonautas. Cada heroe vai precedido dunha información mitolóxica, para unha mellor comprensión das obras artísticas e literarias elixidas.
A meirande parte das mostras de arte que presentamos son de artistas galegos; outras foron realizadas especificamente para Galiza por artista foráneos. Recollemos tamén aquelas obras que, independentemente da súa autoría, se atopan permanentemente en exposición nos nosos museos ou institucións, públicas e privadas.
As obras literarias son maioritariamente en galego. Algunhas están en castelán, pero escritas por autoras e autores galegos, dos que escollimos, agás no caso dalgunhas poesías, os parágrafos máis significativos...
A mostra, tanto de arte como de literatura, non pretende ser exhaustiva, aínda que a consideramos suficientemente significativas, a día de hoxe, para comprender a importancia da mitoloxía clásica na cultura do noso país.
Price:2,88 €