Descrición do Produto
Información Adicional
Etiquetas populares
ESGOTADO
A estes nomes ilustres e queridos polos amadores da Poesía compre engadir o de Marica Campo, que irrompe con forza incontible no panorama poético, despois de moitos anos de aprendizaxe disciplinado e riguroso. Non se trata dunha poeta adolescente e impacente que, con toda a paixón do mundo e inxenuamente, nos entrega o seu primeiro libro. Marica Campo é unha muller feita e dereita que viviu con emoción e paixón, xenerosidade e intelixencia, formándose concienzudamente e a sua obra resulta ser o froito en sazón da experiencia uno máis fondo e trascendente sentido da palabra- e non da irreflesión ou da colleita feita en agraz e prematuramente. Neste seu primeiro libro Tras as portas do rostro non hai chatas que lle poñer. Trátase dunha voz madura, fonda e personalísima que agroma como un poderoso cachón, sulagándonos totalmente, sorprendéndonos, deslumbrándonos e conmovéndonos, cualidades que nós lle esiximos á auténtica Poesía. De "Soleira". (Prólogo do libro) Manuel María Corazón, peneira sombras mentres que non chega o día. Fende lúas nas fervenzas núas dos anceios. Ri e salouca e berra. Molla a terra coas bágoas do exilio e enxúgaa despois a gargalladas. Ai, corazón, non volvas ás andadas, que me dás medo: é cedo a morte, corazón, é cedo. (1971)
ISBN 978-84-87674-22-8 Autoría Marica Campo Domínguez Nº de páxinas 88 Ano 1992
