
Baía Edicións é unha editorial galega de carácter xeneralista. Fundada na cidade de A Coruña, no noroeste da península Ibérica en 1990, leva desde entón sorprendendo a lectoras e lectores con obras de coidada edición e grande interese nas súas moitas liñas editoriais: libro de texto, contos infantís, xogos, literatura xuvenil e de adultos, ensaio e pensamento filosófico, gastronomía, divulgación da natureza etc.
No ano 2004 puxo en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, que pretende ser un novo foro para autores e autoras que, en galego, dirixen as súas obras de creación a este sector tan importante da nosa poboación... Ler máis
















